Formación
¿Apaixónache a moda? Se é así, este curso é para ti.
O Concello da Cañiza, dentro da súa programación formativa e de lecer para o curso escolar 2025-2026, pon en marcha uns talleres de deseño, patronaxe e costura dirixidos por Cristóbal Vidal.
- Inicio: Venres, 3 de outubro
- Lugar: Casa da Cultura
- Inscricións: 664 69 77 87
Horario: de luns a venres, mañá ou tarde (a convir).
Duración: tamén se ofrecen seminarios específicos de 3 semanas a 3 meses.
Que aprenderás?
- Historia da moda
- Técnicas de deseño e confección
- Tendencias actuais
- Creación dunha colección de moda
- Estilismo e asesoría de imaxe
Unha oportunidade única para mergullarte no mundo da moda e desenvolver a túa creatividade coa guía dun gran deseñador.
Horario
Comezo das clases o venres 3 de outubro, na Casa de Cultura. Neste primeiro encontro estableceranse os horarios.