O Concello impulsa novos talleres de benestar e estimulación cognitiva para as persoas maiores
O Alcalde Luis Piña informou da posta en marcha de tres novos talleres formativos dirixidos ás persoas maiores, organizados por Solidaridad Intergeneracional e financiados pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello, que cede os espazos para o seu desenvolvemento.
Tras a celebración o pasado 3 de marzo da xornada informativa “Conexionedades”, o Concello continúa impulsando novas accións nesta liña con dous talleres de benestar persoal e un de estimulación cognitiva.
Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado o 12 de xullo de 2024 entre o Concello e Solidaridad Intergeneracional, que permite desenvolver programas orientados á promoción da autonomía persoal, a prevención da dependencia, a loita contra a soidade non desexada e a redución da fenda dixital.
Taller de estimulación cognitiva
- 📅 Días: Luns
- 🗓 Inicio: 4 de maio
- 🕒 Horario: 10:30 – 12:00 h
- 📍 Lugar: Local social AMURUVA
As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través de Solidaridad Intergeneracional, contactando coa psicóloga Serafina Lamas no teléfono 680 559 658 ou no correo electrónico sigalicia@solidaridadintergeneracional.es.
Estas actividades teñen como finalidade favorecer o desenvolvemento persoal, mellorar as capacidades cognitivas, fomentar a interacción social e promover hábitos de ocio saudable entre as persoas maiores.
Luis Piña salientou que:
“seguimos avanzando nun modelo de atención de proximidade no medio rural que pon no centro ás persoas maiores, ofrecéndolles ferramentas para manter a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida”.
Todos os Luns, a partires do 4 de maio en horario de 10:30 - 12:00h no Local Social de Amuruva en Valeixe.