O Concello da Cañiza continúa apostando pola aprendizaxe de idiomas como ferramenta de comunicación, integración e desenvolvemento persoal. Dentro da súa programación formativa e de lecer para o curso escolar 2025-2026, pon en marcha un taller de conversación en francés dirixido a todas aquelas persoas interesadas en mellorar a súa expresión oral nesta lingua.
Trátase dun espazo dinámico e acolledor, pensado para que os participantes poidan practicar o francés falado sen importar o seu nivel previo. O obxectivo é gañar confianza, fluidez e soltura a través da conversa, exercicios prácticos e interacción con outros compañeiros.
Horario e lugar
- Todos os luns, de 18:00 a 20:00 h
- Aula CeMIT – Casa de Cultura da Cañiza
- Inicio: 6 de outubro
A quen vai dirixido?
Este obradoiro está aberto a persoas adultas de todas as idades interesadas no francés, tanto se teñen coñecementos previos como se están a comezar. A prioridade é falar, comunicarse e desfrutar aprendendo.
Obxectivos do taller
- Mellorar a comprensión e expresión oral en francés.
- Practicar a conversa en situacións cotiás.
- Coñecer aspectos culturais francófonos a través da lingua.
- Fomentar un espazo participativo e enriquecedor.
Información e inscrición
- Biblioteca Municipal da Cañiza
- 986 66 30 69
Todos os luns, de 18:00 a 20:00 h, no Aula CeMIT – Casa de Cultura da Cañiza.
Inicio: 6 de outubro de 2025