Taller de Benestar Persoal (Centro Social de Maiores - Travesía do Mercado da Caniza)

Data
to
Location
Centro Social de Maiores da Travesía da Feira
Organiser
Solidariedade Intergeneracional en colaboración co Concello da Cañiza
Formación
O Concello impulsa novos talleres de benestar e estimulación cognitiva para as persoas maiores

 

O Alcalde Luis Piña informou da posta en marcha de tres novos talleres formativos dirixidos ás persoas maiores, organizados por Solidaridad Intergeneracional e financiados pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello, que cede os espazos para o seu desenvolvemento.

Tras a celebración o pasado 3 de marzo da xornada informativa “Conexionedades”, o Concello continúa impulsando novas accións nesta liña con dous talleres de benestar persoal e un de estimulación cognitiva.

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado o 12 de xullo de 2024 entre o Concello e Solidaridad Intergeneracional, que permite desenvolver programas orientados á promoción da autonomía persoal, a prevención da dependencia, a loita contra a soidade non desexada e a redución da fenda dixital.

 

 Taller de benestar persoal (Grupo 1)
  • 📅 Días: Mércores
  • 🗓 Inicio: 6 de maio
  • 🕒 Horario: 18:00 – 20:00 h
  • 📍 Lugar: Centro Social de Maiores (Travesía do Mercado)

 

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través de Solidaridad Intergeneracional, contactando coa psicóloga Serafina Lamas no teléfono 680 559 658 ou no correo electrónico sigalicia@solidaridadintergeneracional.es.

Estas actividades teñen como finalidade favorecer o desenvolvemento persoal, mellorar as capacidades cognitivas, fomentar a interacción social e promover hábitos de ocio saudable entre as persoas maiores.

Luis Piña salientou que:
“seguimos avanzando nun modelo de atención de proximidade no medio rural que pon no centro ás persoas maiores, ofrecéndolles ferramentas para manter a súa autonomía e mellorar a súa calidade de vida”.

Horario

A partires do mércores, 6 de maio, en horario de 18:00 a 20:00h.