Reunión informativa sobre as Axudas LEADER 2026 na Cañiza. 2 de marzo de 2026

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza e GDR Terra e Auga
Convocatoria

O Alcalde Luis Piña anuncia unha nova Reunión informativa sobre as Axudas LEADER 2026, que se desenvolverá o vindeiro 2 de marzo ás 20:15 horas no Salón de Plenos do Concello da Cañiza.

Unha iniciativa destinada a impulsar o desenvolvemento socioeconómico do noso territorio mediante o apoio a novos proxectos empresariais e sociais.

Esta sesión está dirixida a todas aquelas persoas e entidades que teñan un proxecto en mente e queiran coñecer as posibilidades de financiamento dispoñibles dentro do programa LEADER.

Persoas e entidades beneficiarias: As axudas están dirixidas a:
  • Persoas físicas
  • Empresas
  • Entidades privadas sen ánimo de lucro
  • Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC)

O obxectivo do programa é favorecer o desenvolvemento local, apoiar o emprendemento e fortalecer o tecido económico e social do territorio.

 Máis información

As persoas interesadas poden contactar co GDR Terra e Auga:

Se tes unha idea ou proxecto en mente, esta reunión é unha excelente oportunidade para informarte e resolver dúbidas sobre como acceder a estas axudas.

Horario

2 de marzo ás 20:15 horas no Salón de Plenos do Concello da Cañiza.