Formación
Reunión informativa sobre as clases preparatorias da ESO 2025/26 en A Cañiza
O Concello da Cañiza organiza unha xuntanza informativa o mércores 1 de outubro ás 17:30 h na Casa da Cultura , para explicar o funcionamento das clases preparatorias dirixidas a persoas maiores de 18 anos que desexen obter o título de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO).
Clases presenciais
- Luns, de 17:00 a 20:00 h: Ámbito Científico
- Mércores, de 17:00 a 20:00 h: Ámbito Lingüístico e Social
Convocatorias de exame:
- 1ª convocatoria: abril
- 2ª convocatoria: finais de xuño
Unha oportunidade para o teu futuro
Estas clases ofrécenche a posibilidade de mellorar o teu currículo e facilitar o acceso ao mercado laboral , sen necesidade de desprazarte fóra da Cañiza.
Información e inscrición
Biblioteca Municipal da Cañiza
Teléfono: 986 66 30 69
Horario
Mércores, 1 de outubro de 2025, ás 17:30h na Casa de Cultura da Cañiza