Representación teatral da obra “Contamos contos de lobos?” a cargo da Compañía Ghazafelhos

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

O Concello da Cañiza comeza a súa programación de outono co espectáculo infantil:  Contamos contos de lobos? da Compañía de Teatro  Ghazafelhos.

Sinopse

Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao publico para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas. Facendo una escolla “aleatoria” de propostas como Carapuchiña, Os  tres porquiños, Pedro e o Lobo, Os sete cabuxos… proporemos interpretar  esas historias coa axuda das nenas e nenos do público. Ao participar na dramatización da peza, trabállanse valores como a escoita activa, a empatía, entender outros puntos de vista… e todo dun xeito lúdico e dende o teatro

Horario

O domingo 5 de outubro, ás 17h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza