Representación da obra teatral "Feminíssimas", da compañía De Ste Xeito Producións

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Verán de Lecer Concello da Caniza
Teatro

O Concello continúa coa programación do Verán de Lecer 2026 coa representación da obra teatral "Feminíssimas", da compañía De Ste Xeito Producións, que terá lugar o sábado 22 de agosto, ás 21 horas, no Auditorio da Casa da Cultura da Caniza.

Esta proposta escénica, recomendada para maiores de 12 anos, está protagonizada por Ana San Fernando, Nadia Doménech e Stephy Llaryora, baixo a dirección de Xavier Castiñeira e con dramaturxia de Esther F. Carrodeguas.

"Feminíssimas" é unha comedia contemporánea que aborda, con humor, ironía e espírito crítico, cuestións relacionadas co feminismo, a igualdade e as relacións persoais. A través do reencontro de tres antigas compañeiras de instituto, a obra pon sobre o escenario diferentes formas de entender o feminismo e os conflitos que xorden cando conviven posturas e experiencias vitais diversas. Cunha linguaxe próxima e un ritmo áxil, a peza convida á reflexión sen renunciar ao entretemento.

A produción forma parte do programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra, unha iniciativa que promove a programación de espectáculos profesionais de teatro e danza nos concellos da provincia, facilitando o acceso da cidadanía ás artes escénicas e apoiando o traballo das compañías galegas.

 

Horario

O Sábado 22 de agosto, a partires das 21 horas no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza