Representación da obra de teatro «A Cabaza Encantada»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Teatro de Outono
Teatro

No Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza

Continuamos coa programación de outono e este domingo ofrecemos o espectáculo infantil:  A Cabaza encantada, a cargo da Compañía Teatro Calavera.

Un conto teatralizado con obradoiro de cociña.

Os nosos protagonistas, o cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, viven unha nova aventura para rir de medo. Un día Antón plantou unha semente nunha maceta corrente, botoulle auga e terra e mantívose á espera. Agardou con paciencia e co tempo medrou...unha cabaza!

Era unha cabaza especial, á que lle gustaba asustar.

Entrada Gratuíta!