A RAPA DAS BESTAS 2025 – CURRO DO PEDROSO (A Cañiza, Pontevedra)

Data
Location
Zona do Piñeiral. Monte Pedroso.
Organiser
Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil en colaboración co Concello da Cañiza
Actividades

O vindeiro domingo 10 de agosto de 2025, celebrarase en O Piñeiral, Monte do Pedroso, no concello da Cañiza (Pontevedra), unha nova edición da Rapa das Bestas, unha das tradicións máis emblemáticas de Galicia.

Organizado pola Asociación Cabalar Pedroso de Ribadil, o evento reunirá a veciños, visitantes e amantes do mundo ecuestre para gozar dunha xornada chea de actividades tradicionais, gastronómicas e festivas.


Programación destacada:

  • 07:00 h – Subida ao Curro do Pedroso

  • 08:00 h – Coordinación dos equipos

  • 10:00 h – Apertura do photocall

  • 11:00 h – Sesión vermú

  • 12:00 h – Baixada das bestas ao curro

  • 12:30 h – Pregón e acto protocolario

  • 13:00 h – Xantar Popular:

    • Churrasco de porco-tenreira

    • Criollos

    • Polbo á feira

    • Servizo de bar, churrería La Júcar, prezos populares

  • 14:00 h – Sorpresas e agasallos

  • 16:00 h – Manexo das bestas:

    • Desparasitación externa e interna

    • Marcaxe

    • Implantación de microchip

    • Vacinación

    • Venda de poldros

  • 17:00 h – Animación e festa

  • 19:00 h – Solta das bestas

  • 20:00 h – Gran chocolatada e despedida


Este evento conta coa colaboración do Concello da Cañiza, Cultura da Deputación de Pontevedra e outras entidades. Unha cita ineludible para quen queira coñecer de preto a cultura galega e a súa ancestral vinculación co cabalo.

Máis información: @Currodopedroso (Instagram e Facebook)
Localización: O Piñeiral, Monte do Pedroso – A Cañiza, Pontevedra  ()


Reseña 

A Rapa das Bestas  é unha tradición viva que combina respecto polo animal, convivencia rural e celebración.

Un día único, onde natureza, cultura e identidade galega se dan a man.

O Curro do Pedroso é unha festa que une a cultura popular, o coidado do gando e o entorno natural. Nela, o gando salvaxe baixa dos montes, reúnese no curro e procédese á súa desparasitación, marcaxe, implantación de microchip e vacinación, nun espectáculo cheo de forza e tradición.

O evento naceu no ano 1994 co obxectivo de sanear e identificar os animais, e hoxe está consolidado como unha cita imprescindible do verán galego.

Horario

A partires das 7:00h da mañá, ata o anoitecer, na zona do Piñeiral no Monte Pedroso.