PROXECCIÓN DA PELÍCULA: +CUÑADOS (Un Entroido criminal)

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Cine

Comezando coa nosa programación de celebración das Letras Galegas 2025, o Concello da Cañiza ofrece este sábado ás 20.30 h no Auditorio da Casa de Cultura, unha película galega, rodada en Galicia.

Cuñados é una película dirixida por Luis Avilés e protagonizada polos mellores actores e actrices de comedia galegos:  Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, Fedérico Pérez, Eva Fernández, Iolanda Muíños, María Vázquez e Mela Casal.

Sipnose:

Esta nova aventura dos cuñados arranca coa aparición dun cadáver xusto no medio da ponte internacional de Tui. Este feito vén do acontecido hai uns días… Chega o Entroido e a familia Ribeiro prepárase para gozar das festas favoritas de todo bo ourensán. Pasaron dous anos dende a detención de Alicia Zamora e o seu socio portugués. Os cuñados montaron un posto de polbo en Ourense, a maneira perfecta para branquear o diñeiro do botín que lles caeu do ceo (literalmente). Entre unha cousa e outra, Modesto converteuse nun cuñado máis da familia. A aparición en Ourense de Andreia Nunes (a parella do portugués detido) na procura de vinganza, complicará as cousas para os cuñados, meténdoos nun novo enredo que convertirá este Entroido nun auténtico baile de máscaras.

Entrada gratuíta.

Recomendada para +12 anos

Horario

O sábado, 10 de maio de 2025, ás 20:30h no Auditorio Municipal da Casa de Cultura da Cañiza