Programación Letras Galegas 2026 - Concello da Caniza

Data
to
Location
Concello da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O Concello publica a programación oficial con motivo da celebración do Día das Letras Galegas 2026, unha das citas máis destacadas do calendario cultural galego.

O Alcalde Luis Piña deu a coñecer o conxunto de actividades previstas para conmemorar esta data.

Nesta edición, a celebración rende homenaxe á escritora e xornalista Begoña Caamaño, a quen a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas polo seu salientable labor literario e compromiso social.

Segundo o programa oficial,  as actividades desenvolveranse ao longo do mes de maio e incluirán propostas culturais como teatro, cinema en galego e música en directo.

Entre os eventos máis destacados atópase a representación teatral Made in Galiza, prevista para o 9 de maio, a proxección cinematográfica do día 16 e un concerto coral o 23 de maio .

O acto central terá lugar o 17 de maio ás 12:00 horas no Salón de Plenos do Concello, onde se celebrará a entrega de premios dos concursos literarios organizados para a ocasión, entre eles o XXVII Concurso de Poesía e o XXV Concurso de Relatos ou Narracións Breves .

O Alcalde salientou que esta programación pretende “achegar a cultura galega á veciñanza e fomentar a participación activa na defensa da nosa lingua”, animando a toda a cidadanía a implicarse nas distintas actividades.

 

Horario

Do 9 ao 23 de maio de 2026. Os horarios poden consultarse na axenda de actividades de cada evento.