Programación de Nadal 2022- 2023

Data
to
Location
Concello da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Actividades de Nadal 2023
Actividades

O ALCALDE LUIS PIÑA PRESENTA O PROGRAMA CULTURAL E DE LECER PARA ESTE NADAL E ANINOVO 2022- 2023

Unha programación pensada para todos os públicos onde, un ano máis, as actividades dirixidas aos nen@s volven a ter un peso especial.

Programa de Nadal 2022- 2023

ACTIVIDADES NADAL 2022- 2023

 

Sábado 3, ás 20.00 h:   ACENDIDO DE LUCES  DE NADAL

Lugar: Praza Maior. Nesta data sinalada que marcou o inicio das nosas festas de Nadal, servimos máis de 300 chocolates quentes para tod@s @s asistentes.

 

Sábado 3 e domingo 4XORNADAS DE PAINTBALL no Parque Natural das Augas Férreas. Unha actividade onde participaron nen@s e adult@s chea de diversión envoltos pola nosa biodiversidade.

 

Sábado 17,  ás 16.30 h.:   FESTA DE PAPÁ NÖEL:

Espectáculo de animación infantil "AS PAMISUKI"  e Visita de Papá Noël, que recibirá a todas as nenas e nenos e recollerá as súas peticións de Nadal.  

Merenda, música e regalos.

Buzón Real para as cartas aos Reis Magos e a Papá Nöel

 

Domingo 18, pola mañá:      PAPANOELADA MOTEIRA

Moreas de Papá Nöel moteiros percorrerán o noso municipio agasallando con caramelos a todas as nenas e nenos.

Organiza: Motoclub “Tumbada ás 4” da Cañiza.

 

Domingo 18, ás 19.30 h:      CONCERTO DE NADAL

 Actuación da Coral Polifónica da Cañiza. Lugar: Auditorio da Casa de cultura da Cañiza.

 

Martes 20, ás 10.30 h. VIDEOCONFERENCIA CON Papá Nöel dende Laponia

Lugar: Aula CEMIT da Cañiza.  Alumn@s de Infantil do CPI da Cañiza.

 

Martes 20.  EXPOSICIÓN DE BELÉN:

Novamente o Concello conta cun belén feito de xeito artesanal por unha veciña do noso concello, e que pode ser visitado por todos.

Belén a cargo de Marta Mariño, exposto na Salón de Plenos do Concello da Cañiza dende o martes 20 de decembro ata o venres 7 de xaneiro, e que pode ser visitado en horario de 8 a 15 h.

 

Mércores, 21 de decembro. CASA DO CONCELLO

Exposición "IN MEMORIAM" EMILIO RODRÍGUEZ PÉREZ (1924-1995) (EMILIO ALEJANDRINA)

Neste nadal o Concello quere render homenaxe a unha figura sobranceira da nosa vila. Carteiro, meste de xedrez, escultor, pintor.  Dende o mércores 21 de decembro ata o sábado 7 xaneiro, na segunda planta do Concello da Cañiza , e que pode ser visitado en horario de 8 a 15 h.

 

Mércores 21:  PAPÁ NÖEL VISITA O COLE

Ás 10.30 h Alumn@s de Infantil e Primaria do CPI da Cañiza.

Ás 12 h Escola Infantil Municipal

Ás 13 h Alumn@s do CEIP de Valeixe

 

Xoves 22, ás 20 h.: CONCERTO ESCOLA MÚSICA DA CAÑIZA

Festival de Nadal dos alumn@s da “Escola de Música da Cañiza”. Lugar: Casa de Cultura da Cañiza

 

Venres 23, de 17h a 20h na Casa de Cultura. OBRADOIRO

Obradoiro “Os agasallos do apalpador” con materiais da natureza e de refugallo as nenas e nenos farán obxectos que poderán agasallar a quen desexen.

 

Luns 26, ás 12 .30 h Rúa Oriente (Concello) no casó de choiva Casa de Cultura:    VISITA DO APALPADOR

O Apalpador xunto cos seus músicos e o seu burro Río Lor, vai agasallar as nenas e nenos da Cañiza con cántigas, lendas e contos.

 

Luns 26, de 17 a 20 h Casa de Cultura. Obradoiro " Casiñas de papel"

Aprenderemos a facer casiñas de papel para decorar

 

Martes 27, de 17 a 20 h Casa de Cultura

Obradoiro " Cociña"

Obradoiro de galletas Navideñas e bombóns

 

Mércores 28, xoves 29 e venres 30:

PARQUE DE ATRACCIÓNS INFANTIL: NORIA, CARRUSEL, BARCA E CAMAS ELÁSTICAS

Lugar: Praza Maior da Cañiza

Horario: De 11.30 a 14 h e De 16 a 19.30 h

No caso de choiva os día poderán cambiarse, o cal se anunciará no seu momento.

 

XANEIRO 2023

Luns 2 e Martes 3 de 16.30 a 19.30 h Pavillón Municipal da Cañiza

“XOGACAÑIZA HINCHABLES”

 

Mércores 4 de xaneiro

VISITA DOS REIS MAGOS ÁS PARROQUIAS DA VILA

Horario:

PARROQUIA           

 

LUGAR DE ENCONTRO COS REIS MAGOS    

 

HORARIO     

A Franqueira

O Cebreiro

14.30 h

Luneda

San Roque

15 h

Parada

Diante da Igrexa

15.20 h

Valeixe

Explanadada “Hermandad”

15.40 h

O Couto

Diante da Igrexa

16.05 h

Oroso

Diante da Igrexa

16.25 h

Petán

Diante da Igrexa

16.45 h

As Achas

Diante da Igrexa

17.05 h

 

Martes 4 de xaneiro, ás 18:30 h :    CABALGATA DE REIS

Percorrido das Carrozas pola vila

Foguetes de artificio

Recepción dos Reis aos nen@s

No Auditorio da Casa de cultura da Cañiza

Horario

Podes consultar os horarios de cada actividade no programa que se xunta.