Presentación literaria do libro “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego” de Xesús Alonso Montero

Data
to
Location
Salón de Plenos do Concello da Cañiza
Organiser
Casa Museo Diego de Giráldez
Actividades

Presentación literaria

O Alcalde Luis Piña convida á veciñanza a participar nun destacado acto cultural que terá lugar este  sábado, 22 de novembro, ás 17:30h, no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Unha iniciativa organizada pola Casa Museo Diego de Giráldez, dentro do seu compromiso coa difusión da cultura e do patrimonio literario galego.

O encontro contará coa presenza do profesor Xesús Alonso Montero, quen presentará o seu libro “Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego” (Editorial Galaxia).

Trátase dunha obra de referencia que achega unha nova mirada sobre a relación entre creación popular e contexto social.

Ademais do Alcalde como anfitrión, na presentación participará tamén o recoñecido artista Diego de Giráldez, principal organizador desta xornada literaria.

Dende o Concello o Alcalde animou a todas as persoas interesadas na literatura, na investigación e na cultura galega a asistir e participar neste relevante acto cultural.

Horario

O sábado 22 de novembro de 2025, ás 17:30h no Salón de Plenos do Concello