Percorrido pola Ruta de Luneda. Domingo 30 de xullo

Data
to
Location
Parroquia de Luneda
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Este domingo 30 de xullo, o Concello organiza un percorrido pola Ruta de «LUNEDA».

Unha ruta circular de 12,9 km,  con saída e chegada ao lugar de Gonda, xunto á Praia Fluvial no Torreiro de San Roque e que ascende pola beira do regato Aceval cara os Montes da Paradanta.

O tempo de duración está estimado en 4 horas e 25 minutos e ten unha altura máxima de 923m e un desnivel acumulado de 660m.

O sendeiro percorre camiños tradicionais e pistas forestais, visitando numerosos miradoiros naturais nos altos da Paradanta, unha das zonas da Cañiza con máis valor paisaxístico e cultural.

Esta ruta forma parte da Rede de Sendeiros do Concello xunto coa Ruta de Fontefría  (PR-G 206),  a Rúta da Cidade Castrexa das Grades (PR-G 207),  Ruta das Fragas e Levadas do Calvo e do Deva ( PR-G 165) e a Ruta do Río Ribadil. 

 

Enlace WIKILOC:  https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-de-luneda-109073100

 

PRESENTA UNHA DIFICULTADE MEDIA ALTA

Recomendacións para realizar esta ruta:

- Levar calzado axeitado para subidas e baixadas pronunciadas

- Protector solar e gorra/sombreiro

- Abundante líquido

 

O Concello informa que se trata dunha ruta con dificultade media - alta e recomenda inscribirse na Biblioteca Municipal a efectos organizativos e de avituallamento ( ofreceremos auga e froita).

Teléfono para inscribirse:  986 66 30 69

Ruta de Luneda

 

Ruta de Luneda
Horario

Saída ás 8.30h dende a Praia Fluvial de Luneda e regreso ás 13.00h ao mesmo punto.

 

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/ruta-de-luneda-109073100