Obra de teatro «O tranvía Leonardo» representada pola compañía “Fantoches Baj”

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Programación de Outono 2022
Teatro

TEATRO FAMILIAR

AUDITORIO DA CASA DE CULTURA

O Concello da Cañiza comeza a súa programación de outono coa obra de teatro:  O tranvía Leonardo,  da compañía de teatro “Fantoches Baj”.

Nesta ocasión propoñémosvos unha representación de "O tranvía Leonardo" de Fantoches Baj, un espectáculo de narración oral para público infantil e familiar con monicreques e música no que se conta a historia do primeiro tranvía a vapor de Galicia... A participación co público é continua durante a representación con trabalinguas e cancións.

Ao rematar, os asistentes recibirán un xogo recortable como agasallo.

Entrada Gratuíta!

Horario

O domingo 2 de outubro de 2022, ás 17h