O Concello retoma a organización da 4ª excursión do Programa «Cañicenses en Ruta»: Viaxe pola COSTA VERDE PORTUGUESA

Data
to
Location
Oporto, Vila Nova de Gaia, Viana do Castelo e Santa Luzía
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Os días 23 e 24 de abril de 2026, con saída dende A Cañiza e visita a algúns dos lugares máis emblemáticos de Oporto e Viana do Castelo.

  • O Concello oferta 53 prazas en autobús gran turismo.
  • O prazo de inscrición ábrese o 13 de abril ás 10h nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).
  • A inscrición será presencial, e o número máximo de viaxeiros que poderá anotar cada persoa será de catro (4).
  • O prazo de anotación rematará o día 20 de abril (incluído), quedando establecido este día como o último para que as persoas inscritas abonen o importe da viaxe na conta do Concello en ABANCA.
  • Prezo por persoa: 230€, que inclúe viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, hotel en réxime de pensión completa (en habitación compartida), seguro de viaxe, cruceiro das 6 pontes e comida con baile na Quinta da Presa.
  • As persoas que desexen habitación individual deberán abonar un suplemento de 35 € por persoa e noite.
  • No caso de non se cubrir o mínimo de 45 prazas, a viaxe quedará anulada. As persoas interesadas deberán realizar unha preinscrición e serán notificadas para efectuar o pago no momento en que se completen as prazas necesarias.

ITINERARIO:

1º DÍA:
  • Saída dende A Cañiza á hora acordada cos viaxeiros, dirección Portugal . OPORTO.
  • Alí visitaremos con guía oficial á cidade nun percorrido panorámico polo lugares máis emblemáticos.
  • Pola tarde visitaremos VILA NOVA DE GAIA, onde se embarcará nun típico barco Rabelo para realizar o cruceiro das 6 Pontes, nunha travesía  polo rio Duero.
  • Tras a viaxe, traslado ao hotel, cena e aloxamento.
2º DÍA:
  • Tras o almorzo no hotel, viaxaremos a VIANA DO CASTELO, cidade situada na rexión do Minho ( cabeza de distrito).
  •  Visita a SANTA LUZÍA ( enorme basílica neobizantina de comezos do século XX ).
  • Ao rematar esta visita, comida, baile e merenda na QUINTA DA PRESA
  • E tras esta visita, inicio da viaxe de regreso á Cañiza.

 

Horario

Días 23 e 24 de abril de 2026