O Concello presenta a nova edición do «Teatro de Outono»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Teatro

O Concello presenta o novo ciclo de «Teatro de Outono», que encherá o Auditorio Municipal da Casa de Cultura de comedia, música e tradicións galegas durante os meses de outubro e novembro.

A programación inclúe espectáculos para todos os públicos, con propostas familiares e representacións teatrais de recoñecidas compañías galegas:

  • Domingo, 4 de outubro ás 17:00 h
    “Novos lobos” – Compañía Fantoches BAJ. (Programa Ler Conta Moito)
  • Domingo, 18 de outubro ás 17:30 h
    “Latexos” – Compañía K´Paparota Teatro. (Programa Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia e Fala Redes)
  • Domingo, 25 de outubro ás 17:00 h
    “Cantos e Contos na foresta” – Compañía Galerna Crúa. (Programa Ler Conta Moito)
  • Sábado, 21 de novembro  ás 20:30 h
    “Cabaré Climático” – Compañía Vasrir . (Programa +Escénicas da Deputación de Pontevedra)

Este ciclo, organizado polo Concello, conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través dos programas culturais Ler Conta Moito, +Escénicas e a Rede de Dinamización Lingüística.

A entrada a todos os espectáculos será de balde, co obxectivo de achegar o teatro á nosa veciñanza.

Todas as funcións celebraranse no Auditorio Municipal da Casa de Cultura da Caniza.

Horario

Os domingos 4, 18 e 25 de outubro e o sábado 21 de novembro de 2026