O proxecto DIXIGAL ten como obxectivo a impartición de accións formativas da familia de informática e comunicación co fin de que os participantes logren a adquisición de competencias dixitais.
Está dirixido preferentemente a homes e mulleres en situación laboral de desemprego, aínda que tamén poden participar persoas ocupadas, pertencentes, prioritariamente a municipios de menos de 30.000 habitantes no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España.
- Son formacións presenciais totalmente gratuítas e ademáis o alumnado que supere o itinerario (todos os módulos) recibirá, como agasallo, unha táblet.
- O proxecto «DIXIGAL» está composto de 3 niveis: básico, intermedio e avanzado.
- Nesta formación desenvolverase o NIVEL BÁSICO, que está composto de 5 módulos de 40h cada un, sumando un total de 200h.
- Os cursos impartiranse en quendas de mañá e cada nivel terá unha duración total de 200 horas (5 temas).
- A formación entra no marco europeo de competencias.
- Está previsto que o primeiro curso de nivel básico comece o día 09/12/02024 e remate o día 26/03/2025.
- Nesta planificación propoñemos impartir a acción formativa de luns a venres durante cinco horas en horario de 9:00 a 14:00
Inicio do proxecto: 09 de decembro de 2024
Duración: do 9 de decembro de 2024 ao 26 de marzo de 2025
Temario do Nivel Básico
- FCOI10: Busca e xestión da información dixital. Nivel básico
- FCOI15: Creación de contidos dixitais. Nivel básico
- FCOI18: Comunicación e colaboración con ferramentas dixitais. Nivel básico.
- FCOI2: Resolución de problemas no entorno dixital. Nivel básico
- FCOI24: Seguridade e civismo no entorno dixital. Nivel básico.
Todas as persoas que desexen ampliar información poden chamar ao número de teléfono: 654 825 395 ou escribir ao e-mail dixigal@bigformacion.com
Os interesados en inscribirse poden facelo entrando neste enlace:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfC25pLHgwtHJt51thTJf8sVkCR8inw29LReXKJ-MFVkFAOhA/viewform