Formación
O Concello organiza unha nova sesión formativa gratuíta dirixida a todas as persoas interesadas en aprender a empregar o teléfono móbil e internet dunha maneira máis segura e responsable.
Durante o obradoiro trataranse cuestións prácticas do día a día como:
- a protección dos datos persoais,
- a detección de fraudes e mensaxes sospeitosas,
- o uso seguro das aplicacións
- e recomendacións básicas para evitar riscos na rede.
Unha actividade práctica e accesible para mellorar os coñecementos dixitais e gañar seguridade no uso das novas tecnoloxías.
Horario
Mércores 13 de maio de 2026, de 10h a 12h, no Aula CeMit da Casa de Cultura