Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO

Data
to
Location
Rúa Oriente. Casa Consistorial
Organiser
Concello da Cañiza. 59 Festa - Feira do Xamón da Cañiza
Actividades

Evento de Verán de lecer A Cañiza

Duración: 3 h

Cata comentada de curados  e viños da Cañiza

Os que queiran participar poderán inscribirse a partires das 18.00 h, no mesmo emprazamento onde se desenvolverá esta actividade.

59 FEIRA DO XAMÓN DA CAÑIZA.

Na antesala da 59ª Feira do Xamón, o Concello da Cañiza presenta a X Cata Comentada de Curados e Viños, unha experiencia gastronómica única que mestura tradición, sabor e coñecemento.

Durante esta velada, contaremos con dous mestres excepcionais:

Corte de Xamón: A cargo de Víctor Burgos, recoñecido cortador profesional e director do X Concurso de Cortadores de Xamón que se celebrará o 15 de agosto. Con el aprenderemos as técnicas para obter liscos perfectos, aproveitar ao máximo a peza e coñecer os requisitos que marcan a excelencia no corte. Ademais, elaborará pratos artísticos co mellor xamón das altas terras da Cañiza.

Cata de Viño: Guiada por Abraham Quintas, prestixioso enólogo e propietario da vinoteca Templum Sensibus de Salvaterra de Miño. Introduciranos nos segredos da cata de viños brancos e tintos da nosa comarca, ensinándonos a recoñecer matices, aromas e combinacións ideais para maridar co xamón.


 Condicións para participar na cata:
 Evento gratuíto, enmarcado nos actos da 59ª Feira do Xamón.

  1.  O aforo está limitado a 100 prazas.
  2.  As inscricións realizaranse o mesmo día, a partir das 18:00 h, diante da Casa Consistorial, por rigorosa orde de chegada.
  3.  Cada persoa poderá inscribir a si mesma e a un só acompañante.
  4. Non poderán inscribirse nin ocupar prazas menores de idade.

Grazas pola vosa colaboración.


 Unha cita para os sentidos
Se es amante da boa mesa, non perdas esta oportunidade de aprender, saborear e compartir o mellor da nosa terra, da man de dous grandes referentes da gastronomía galega.
Un evento de verán para gozar en boa compañía, no corazón da Cañiza.

Horario

Xoves 14 de agosto, a partires das 19h, na rúa Oriente, diante da Casa Consistorial.

 

Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO

 

Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO

 

Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO