Master Class de CORTE DE XAMÓN e CATA DE VIÑO

Data
to
Location
Rúa Oriente. Casa do Concello
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Evento de Verán de lecer A Cañiza

Duración: 3 h

Cata comentada de curados  e viños da Cañiza

Os que queiran participar poderán inscribirse a partires das 18.00 h, no mesmo emprazamento onde se desenvolverá esta actividade.

57 FEIRA DO XAMÓN DA CAÑIZA.

Na antesala da Feira do Xamón, o 14 de agosto o Concello organiza a VIII cata comentada de curados e viños impartida un ano máis polos profesionais Víctor Burgos e Juan González Arjones.

Víctor Burgos, responsable da dirección do afamado Concurso de cortadores que se celebra en paralelo á xornada gastronómica do 15 de agosto, será o encargado da parte culinaria e  Juan González Arjones,  enólogo, adegueiro e viticultor da Adega As Furnias, encargarase de impartir o curso de cata de viño.

Nesta xornada os dous expertos crearán unha exquisita sinerxia entre xamón da Cañiza e viños brancos e tintos das adegas da zona. 

A exhibición está aberta a todos os veciños e visitantes que queiran compartir esta xornada connosco e por suposto será gratuíta, pero terán que inscribirse previamente, a partires das 18h, no mesmo emprazamento, porque o aforo é limitado.

Da man destes profesionais aprenderemos do bo corte do xamón, descubriremos os trucos para lograr os mellores liscos e aproveitar ao máximo o produto ademais de coñecer  cales son os requisitos que se lle esixen aos mellores cortadores de xamón. 

Como broche de ouro elaborarán varios pratos artísticos co mellor produto destas altas terras da Cañiza: o xamón.

Pola súa banda González Arjones nos adentrará nos segredos da cata de viño e tentará facernos comprender e descubrir os viños e variedades da nosa zona e cómo podemos maridarlos co xamón.

Ademais nos aleccionará sobre qué viño elixir para acompañar ao xamón nas súas distintas variedades culinarias.

Convidámosvos a todos a compartir connosco esta xornada culinaria na que aprenderemos e saborearemos o mellor da nosa terra.  Esperámosvos!!!.
 

 

Master Class de Corte de Xamón este 14 de agosto  a partires das 19h na Rúa Oriente

 

Master Class de Corte de Xamón este 14 de agosto  a partires das 19h na Rúa Oriente
Horario

Luns 14 de agosto, a partires das 19h, na rúa Oriente, ao carón da Casa Consistorial.