IV Edición do «Entroido de Verán», organizado polo Club Balonmán Cañiza. 26 de xullo de 2025

Data
Location
nas rúas da Vila e Praza Maior
Organiser
Club balonmán Cañiza en colaboración coa Asociación de Comerciantes da Cañiza, Asociación de Hosteleiros e do Concello
Actividades

Cañiza celebra este sábado 26 de xullo a IV edición do Entroido de Verán. 

Un evento organizado polo Club Balonmán Cañiza en colaboración co Concello da Cañiza e a Asociación de Comerciantes e Hosteleiros.

Unha festa que comezará como en edicións pasadas a partires das 11:30 horas na Praza Maior, na que estará instalada a zona infantil con xogos, pintacaras e inchábeis.

Ás 12:00 horas dará comezo a sesión vermú polo centro da vila, con pulpeiro e música a cargo da Charanga Imperiais.

O cañicense David Gesteira será o encargado de dar lectura ao pregón ás 13:00 horas dende a Praza Maior. O produtor do podcast «Descifrando a historia» e autor do recentemente estreado libro «Historia de Galicia en 30 obxectos», descubrirá aos e ás asistentes anécdotas, curiosidades e fitos da historia da Cañiza.

E pola tarde dará comezo o desfile e concurso de disfraces. Dende ás 19:30 horas e con saída na rúa Botica, o desfile percorrerá as rúas da vila ata chegar á Praza MAior onde o xurado escollerá os mellores disfraces e comparsas e repartirá os premios valorados en máis de 1500 euros.

Podes consultar no Facebook do Entroido de Verán o percorrido completo. Preme nesta ligazón: https://www.facebook.com/share/1FFNuHAmQP/?mibextid=wwXIfr

Para participar no desfile é preciso inscrición previa no teléfono 616134560. Ademais, durante a celebración tamén haberá actividades complementarias como a elección do escaparate mellor decorado ou do mellor balcón do entroido.

A música electrónica será a protagonista desta noite de xullo a cargo dos DJ Michi, DJ Charli, Saúl Gallego, Gabryd, Khris Guez, Diego Mei e Vince Stone cunha ‘sesión remember’ da discoteca Lesothum da Cañiza.

Non o podedes perder.

A todos benvidos ao Entroido de Verán, organizado polo Club Balonmán Cañiza.

Horario

O Sábado 26 de xullo de 2025, a partires das 11:30h 