Inauguramos o ciclo de «TEATRO DE OUTONO»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Teatro

TEATRO FAMILIAR

AUDITORIO DA CASA DE CULTURA

Iniciamos a programación de outono con TEATRO FAMILIAR e inauguramos o ciclo este sábado 7 de outubro, coa representación da obra de teatro «MAXIA, MAGO TETO».  Ás 20.30h, no Auditorio da Casa de Cultura, con entrada gratuíta.

O Concello organiza este novo ciclo con 6 obras de teatro que se representarán nos meses de outubro, novembro e primeiro domingo de decembro, no Auditorio Municipal da Cañiza e de balde para todos.

As obras están enmarcadas e subvencionadas polos programas «Ler conta moito» da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, «Tornar as Taboas» da Deputación de Pontevedra, «FalaRedes» de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia.

Ademáis contamos coa participación d@s alumn@s da Escola Municipal de Teatro da Cañiza, grupo de Adultos, que pecharán este ciclo o 3 de decembro coa representación da obra «VIÚVAS». Ás 18h no Auditorio.