O Concello continúa desenvolvendo a campaña intensiva de capacitación dixital iniciada en xaneiro de 2026, cun novo calendario de xornadas formativas gratuítas dirixidas á cidadanía que se celebrarán durante os meses de abril e maio na Aula CeMIT.
Estas accións enmárcanse no programa “Tu Transformación Digital”, unha iniciativa organizada por CIP-Formación, impulsada polo Ministerio para a Transformación Dixital a través de Red.es, xestionada por Adecco Learning & Consulting e financiada pola Unión Europea mediante os fondos Next Generation EU, co obxectivo de reducir a fenda dixital e mellorar as competencias tecnolóxicas da poboación.
O programa está dirixido principalmente a persoas maiores de 18 anos que desexen adquirir habilidades dixitais básicas para a vida diaria, a comunicación, o emprego ou o uso seguro da tecnoloxía. Estas formacións permiten mellorar a autonomía persoal, facilitar o acceso a servizos dixitais e impulsar as oportunidades laborais da cidadanía.
Formacións previstas en abril
Durante o mes de abril desenvolveranse tres accións formativas:
-
Acompañamento no uso das pantallas na vida familiar
7, 9 e 10 de abril, de 10:00 a 13:00 horas. -
Xeración dunha identidade dixital en nenos, adolescentes e mozos
14, 16 e 17 de abril, de 16:00 a 19:00 horas. -
Buscadores de emprego en internet
21, 23 e 24 de abril, de 10:00 a 13:00 horas.
Formacións previstas en maio
No mes de maio continuarán as xornadas con tres novos cursos:
-
Redes sociais: xestión da identidade dixital
5, 7 e 8 de maio, de 16:00 a 19:00 horas. -
Banca online e Bizum
12, 14 e 15 de maio, de 16:00 a 19:00 horas. -
Riscos e ameazas da tecnoloxía financeira
19, 21 e 22 de maio, de 16:00 a 19:00 horas.
Todas as sesións realizaranse na Aula CeMIT (Rúa do Progreso s/n, Nacional 120). As persoas interesadas poden inscribirse en unha ou varias accións formativas. Cada grupo contará cun mínimo de 12 e un máximo de 16 participantes.
Inscrición
As inscricións poden realizarse a través do código QR incluído nos carteis ou contactando no teléfono 695 515 511 ou no correo electrónico consultoria5@cip-formacion.com.

Meses de abril e maio de 2026.