III Edición do «Entroido de Verán», organizado polo Club Balonmán Cañiza
Actividades
« III ENTROIDO DE VERÁN »
Tras o éxito da 1ª edición, celebrada no ano 2022, coa participación de preto de 1000 persoas, o Balonmán Cañiza , a Asociación de Comerciantes da Cañiza e Asociación de Hosteleiros, xunto co Concello da Cañiza colaboran para presentar a III edición do «Entroido de Verán da Cañiza», organizando unha xornada cargada de diversión, música, desfiles e grandes premios.
Programa, actividades e horarios
- Ás 13h terá lugar a lectura do Pregón da man do actor PEPO SUEVOS que iniciará de xeito oficial o Entroido de Verán.
- A Charanga IMPERIAIS será a encargada de por música e alegría na sesión vermú, percorrendo as rúas do centro da Vila e todo elo acompañado por unha zona infantil para os máis pequenos con inchable, pintacaras, xogos e obradoiros dende as 11.30h.
- A partires das 19:30h comezará o desfile e o concurso de disfraces, con premios valorados en 1500€ para as categorías individual e comparsa.
- Esta III edición clausurarase a partires das 22:00h cunha PARTY NIGHT na Praza Maior.
- Sesión Dj amenizada por Diego Mei, DJ Charlie e TRAFFIC HOUSE que farán vibrar, saltar e bailar ao público asistente.
Non te perdas esta ocasión e ven A Cañiza, a disfrutar do entroido de verán. Contamos contigo!!!
BASES do III Concurso de Disfraces e Comparsas