III Concurso de Mondioring ÉCAN 2026 na Caniza

Data
to
Location
Campo de Fútbol do Couto
Organiser
Asociación Deportiva Canina ÉCAN en colaboración co Concello da Caniza
Actividades
  • O Alcalde Luis Piña e o presidente da Asociación Deportiva Canina ÉCAN, David Conde, presentan o III Campionato de Mondioring que se celebrará o vindeiro 2 de maio nas instalacións do campo de fútbol municipal do Couto.
  • Acompañado de Olaya Guerrero, tesoureira da Asociación, David Conde explicou en que consiste a especialidade «mondioring», considerada como o deporte canino máis esixente de todos os que pertencen á Federación Cinolóxica Internacional.

O sábado 2 de maio, a Asociación Deportiva Canina ÉCAN organiza nas instalacións do campo municipal do Couto o III Concurso de Mondioring, enmarcado no calendario da Real Sociedad Canina de España como unha proba clasificatoria para a Copa de España de Mondioring RSCE 2026. O evento, con entrada gratuíta, desenvolverase durante toda a xornada, dende primeira hora (9:00 h).

Nesta terceira competición están inscritos 15 binomios (guía + can) procedentes doutras zonas de Galicia, así como de Madrid, País Vasco e Lisboa, os cales serán xulgados pola xuíza internacional Claudia Miranda (Lisboa, Portugal).

Ademais, a proba contará como asistentes cos profesionais José Barbosa (Guimarães, Portugal), home asistente de categoría internacional; David Conde, instrutor-formador do grupo de traballo ÉCAN e home asistente de categoría club e Abraham Palmero (A Coruña), home asistente de categoría club. Todos eles terán o encargo de testar as habilidades dos cans nos exercicios de mordida.

mondioring está considerado o deporte canino máis esixente dos que pertencen á FCI (Federación Cinolóxica Internacional).

Nesta especialidade, o can ten que afrontar unha serie de exercicios de obediencia, saltos e mordida. O mondioring abrangue tres graos de dificultade, sendo o grao 1 o máis baixo e o grao 3 o máis elevado.

O máis chamativo deste deporte é que os cans teñen que traballar en ambientes totalmente descoñecidos (cada proba ten unha temática diferente) e, nesta competición, a temática escollida xira arredor do espectáculo circense.

 

III Concurso de Mondioring ÉCAN 2026 na Caniza
Horario

O sábado 2 de maio de 2026, a partires das 9:00 horas durante toda a xornada ( a xuíza será a encargada de determinar os horarios e pausas da competición)