Festividade do Santísimo Cristo da Agonía e da Virxe dos Dolores. 9 de xullo de 2023
O domingo 9 de xullo A Cañiza celebra a festividade na honra do Santísimo Cristo da Agonía cunha Misa Solemne, oficiada a partires das 11.30h na Igrexa Parroquial de Santa Teresa da Cañiza, cantada pola Coral Polifónica da Cañiza.
Ao rematar o acto litúrxico, comezará a Procesión Solemne do Santísimo e da Virxe dos Dolores, que este ano volverá a contar coa participación da Asociación Cultural Santo Cristo da Agonía e dos seus costaleiros e costaleiras, portadores dos dous Tronos Procesionais. Tamén neste 2023 a Procesión volverá a estar acompañada e custodiada pola Banda de Música da BRILAT de Pontevedra “Galicia VII”, que ademáis ofrecerá un pasarrúas ás 11h00 da mañá, facendo unha parada especial na Residencia Xeriátrica Santa Teresa da Cañiza, na rúa Castelao.