Festival de Verán de A.D. Reviravoltas

Data
to
Location
Pavillón Municipal de Valeixe
Organiser
A.D. Reviravoltas de Valeixe
Actividades

O Concello anuncia a celebración do Festival de Verán de A.D. Reviravoltasunha cita co deporte e o espectáculo sobre rodas, que reunirá a deportistas e afeccionados nunha tarde chea de ritmo, cor e talento.

O evento terá lugar o sábado 4 de xullo, a partir das 18:00 horas, no Pavillón das Touxosas (Valeixe). Durante a xornada, o público poderá gozar das exhibicións organizadas por A.D. Reviravoltas, coa participación dos clubs C.P.A. Covelo, C.P.A. Gondomar, C.P. Melgaço em Patins e o propio A.D. Reviravoltas, ademais de numerosas sorpresas preparadas para todo o público.

Desde o Concello anímase á veciñanza e aos visitantes a asistir a esta actividade, que combina deporte, convivencia e espectáculo, poñendo en valor o traballo dos clubs participantes e promovendo a práctica deportiva como ferramenta de encontro e lecer.

O Festival de Verán está organizado por A.D. Reviravoltas e conta coa colaboración do Concello da Caniza, consolidándose como unha das citas destacadas da programación do Verán de Lecer 2026.

Horario

O Sábado 4 de xullo a partir das 18h no pavillón municipal de Touzosas - Valeixe.