Festival de Corais – Nadal 2025

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Concerto

O Concello da Cañiza continúa coa súa programación especial de Nadal cunha nova cita musical que encherá de harmonía o Auditorio Municipal: o Festival de Corais Nadal 2025.

O domingo 21 de decembro, ás 19:00 horas, subirán ao escenario tres formacións destacadas:

  • Coral “Ecos do Folón” de Fornelos (O Rosal)
  • Coral Polifónica “Lira” de San Miguel de Oia
  • Coral Polifónica “A Cañiza”

As tres agrupacións interpretarán varias pezas do seu repertorio e xuntaranse ao final para formar un Orfeón Coral con máis de 100 voces, ofrecendo un espectáculo único que promete emocionar ao público.

Un encontro excepcional para celebrar o Nadal a través da música e para desfrutar do gran talento coral da nosa comarca.

Entrada libre ata completar aforo.

Agardámosvos para compartir unha tarde inesquecible de música e Nadal!

Horario

O domingo 21 de decembro, ás 19:00 horas.