Festa de Papá Noel 2025

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O Concello da Cañiza organiza unha nova tarde máxica para celebrar o Nadal coa chegada dun convidado moi especial: Papá Noel.

A festa terá lugar o sábado 20 de decembro, ás 16:30 horas, na Casa de Cultura.

As familias poderán gozar dun completo programa de actividades:

  • Espectáculo de animación infantil “A bailar no Nadal”
  • Visita de Papá Noel, que recibirá a todas as nenas e nenos e recollerá as súas peticións de Nadal
  • Merenda, música e agasallos para os máis pequenos

Ademais, estará dispoñible un Buzón Real para entregar as cartas dirixidas tanto a Papá Noel como aos Reis Magos.

Unha tarde chea de maxia, ilusión e alegría para compartir en familia e entrar de cheo no espírito do Nadal.

Agardámosvos para celebrar esta festa tan especial!

Horario

O sábado 20 de decembro, ás 16:30 horas, na Casa de Cultura.