Feira de Abril na Cañiza – Mercado Rural “A Resistencia”

Data
to
Location
Rúa Oriente
Organiser
Negocios do Pobo
Actividades

O Alcalde Luis Piña informou esta mañá da celebración da «Feira de Abril», que terá lugar este fin de semana, días 11 e 12 de abril, durante toda a xornada, na Rúa Oriente da Cañiza .

No marco desta iniciativa, desenvolverase o Mercado Rural “A Resistencia”, no que participarán diversos proxectos e marcas locais como Alambike Creativo, Las Cosas de Noe Shop, Diente de León, Cosendo Ilusións, D’Luxo, Bull’s Dogs, Pandora, La Costurera, Creaciones Mamaka, Mouchoarte e Isa y Loles, entre outros.

Este evento está organizado polos negocios do municipio, co obxectivo de promover o comercio de proximidade e dinamizar a actividade económica e social da vila, contando coa colaboración do Concello.

O Alcalde animou a achegarse e participar nesta proposta que combina artesanía, creatividade e ambiente festivo.

Horario

Os días 11 e 12 de abril durante toda a xornada