Exposición de pintura e escultura . Casa Museo de Diego de Giráldez

Data
to
Location
rúa Botica, nº 30, baixo a Praza Maior da Cañiza.
Organiser
Diego de Giráldez en colaboración co Concello da Cañiza
Exposición

Con motivo do 28 aniversario da formación da Casa Museo de Diego de Giráldez  na Cañiza e dos 18 anos de apertura ao público ( xullo de 2007) , o pintor, escultor e anatomista abre as portas do súa Casa cunha exposición que se poderá visitar os domingos 20 e 27 de xullo e todos os domingos do mes de agosto, en horario de apertura de 18h a 21h

A súa obra expresa pensamentos que son pura simboloxía. 

Diego de Giráldez: 

«Fago unha pintura entre  onírica e simbólica.  É parte das creacións. Hai moita simboloxía na miña obra. Trato de disgregar uns obxectos sobre o plano como un efecto óptico e á vez reflexivo, coma se fose unha pintura que entrase dentro da pintura literaria e filosófica. Unha filosofía onde o individuo pode ter amplas reflexións».

 

Horario

Domingos 20 e 27 de xullo e todos os domimgos do mes de agosto, en horario de apertura de 18h a 21h pola rúa Botica, nº 30, baixo a Praza Maior da Cañiza.