Organizada polo Concello
O día 19 de outubro de 2024 (sábado), con saída dende A Cañiza e visita aos lugares máis emblemáticos de AMARANTE . Localidade entrañable que se caracteriza polas súas casas con balcóns, os seus serpenteantes camiños e os viñedos que o rodean. Destacan a Ponte de São Gonçalo, a Igrexa de São Domingos, a igrexa e o mosteiro de São Gonçalo co Museo Amadeo de Souza-Cardoso, a Igrexa de São Pedro e o Solar dous Magalhães.
Despois da comida, visitaremos GUIMARAES. Cidade da Idade Medida, coñecida como "O Berce de Portugal" que aínda conserva o castelo e a igrexa románica de San Miguel, do século XII.
Á hora acordada, inicio da viaxe de regreso á Cañiza
Abrimos o prazo de inscrición o mércores, 2 de outubro, ás 10h, nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).
A inscrición será presencial. O máximo permitido de anotación por persoa será de 4 viaxeiros.
O prazo de anotación estará aberto ata o día 14 de outubro incluído.
Antes do día 14, as persoas inscritas deberán abonar o importe da viaxe na conta do Concello na entidade bancaria ABANCA.
Prezo por persoa: 49 €uros nos que están incluídos viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, seguro de viaxe e a comida.
Nota: é recomendable que os viaxeiros estén en posesión da Tarxeta Sanitaria Comunitaria que se pode solicitar no CAISS da Cañiza ou online a través do enlace: https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/PrestacionesPensionesTrabajadores/10938/11566/1761#128573