Espectáculo infantil «PAIO e o poder da música» a cargo do grupo "O Viravai"
VOLVE PAIO, O TEIXUGO MOLÓN
Con novas aventuras e novos amigos como o oso Aurelio ou o armadillo Armando. Xuntos van descubrir o poder da música e da amizade.
Acompáñanos nesta viaxe e aprenderás a importancia de coidar o Planeta e tamén as criaturas que viven nel.
Música para non parar de bailar e unha historia que non esquecerás.
O VIRAVAI
É unha compañía galega, adicada ao desenvolvemento de contidos educativos e culturais para público infantil e familiar.
Os seus fundadores, Verónica Santalices e Federico Welicki, xunto con Erika Welicki Santalices e Xacob Welicki Santalices, conforman o núcleo principal dun equipo que conta con mais de 15 artistas de diversas disciplinas.
Eles mesmos consideran a compañía como unha fábrica de soños. Soños que mediante personaxes como o Teixugo Paio, o Oso Aurelio, ou a Moucha Anacleta, entre moitos outros, convirten en realidade a través da música, os espectáculos e os libros.
As Andanzas de Paio (Editorial Galaxia 2016) foi o seu primeiro libro-Cd e o lanzamento oficial do proxecto.
Paio e o poder da música (Editorial Galaxia 2018) foi un paso mais na súa consolidación como referente da música infantil en galego.
o domingo 11 de agosto de 2024, a partires das 22h na Praza Maior da Vila