Espectáculo de humor con Javi, Javichi
Actividades
Unha noite para non parar de rir con malabares e diversión para toda a familia!
O recoñecido malabarista JAVI JAVICHY, mestre da pista, chega á Cañiza para presentar o seu espectáculo:
“PLATO, PLATITO, PLATETE”
Un show de humor, habilidade e participación onde as risas están aseguradas.
Cando: Luns 4 de agosto
Hora: Ás 22:30 h
Lugar: Praza Maior, A Cañiza
É un evento pensado para todos os públicos, ideal para pasar unha noite diferente en familia ou con amizades.
Malabares, equilibrio, interacción co público e moito humor nun espectáculo ao aire libre que non te podes perder.
Actividade de balde organizada polo Concello da Cañiza.
Horario
o Luns, 4 de agosto de 2025, a partires das 22.30h na Praza Maior da Cañiza