O Concello da Cañiza pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Teatro, unha iniciativa que forma parte da programación formativa e de lecer do municipio para o curso escolar 2025-2026.
O obxectivo principal desta actividade é fomentar a creatividade, a expresión artística e o traballo en equipo a través da arte dramática.
O teatro convértese así nunha ferramenta educativa moi valiosa que contribúe ao desenvolvemento persoal, á comunicación e á confianza dos máis novos.
Lugar: Auditorio Casa de Cultura
Día: Xoves pola tarde
Comezo: Xoves 2 de outubro
A Escola contará con tres grupos diferenciados por idades, para adaptar os contidos e a metodoloxía a cada etapa educativa:
-
Infantil
-
Primaria
-
Secundaria
Durante o curso, os participantes terán a oportunidade de aprender técnicas teatrais, improvisación, expresión corporal e oral, así como participar en pequenas representacións diante do público, compartindo o aprendido coas súas familias e coa comunidade.
Información e inscricións: Biblioteca Municipal. Teléfono: 986 66 30 69
Todos os xoves pola tarde, a partires do 2 de outubro no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza.