O Concello anuncia a posta en marcha por 2º ano do programa formativo para mulleres: «Entrena Empleo Rural»
Un programa gratuito de orientación laboral, con prazas limitadas, que se desenvolverá do mes de marzo a xuño de 2026, impulsado pola Fundación Santa María La Real, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus (FDE+) e a Fundación Mapfre, no marco do Programa Estatal de Inclusión Social Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, ademáis de contar coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Cañiza.
A partires do mes de marzo porase en marcha a primeira de 4 edicións do programa en diferentes puntos de España, comezando pola Cañiza, comentou esta mañá o Alcalde Luis Piña.
O Proxecto comezou en 2024 como un “Programa de Mulleres que axuda ás Mulleres” co obxectivo de que poidan encontrar un emprego e contactar con empresas. Nestes anos axudaron a reactivar a busca de traballo a preto de 300 mulleres en desemprego en zonas rurais de España.
As veciñas que estén interesadas en participar nesta edición, poden realizar a súa inscripción de forma online, antes do 16 de marzo, a través deste enlace: www.entrenaempleo.org/es/inscribete,. Tamén poden ampliar a información contactando coa técnica de emprego da Fundación en Galicia, Sarai Temes, no número de teléfono 621 269 545. Email: stemes@santamarialareal.org .
“Entrena Empleo Rural” - Un programa de mulleres para mulleres
- No que poderán participar mulleres desempregadas, maiores de 18 anos, residentes na cañiza, con calquera nivel de estudos e procedentes de calquera sector profesional con ou sen experiencia previa.
- Nesta formación taballarán unidas a través do programa que fomenta a rede de apoio e o coidado para regresar de volta ao mercado laboral e atopar a oportunidade de traballo que están buscando.
As sesións realizaranse en formato flexible, tanto presencial como en liña, adaptándose ás necesidades das mulleres participantes que contarán co asesoramento de mulleres especialistas da Fundación Santa María a Real:
- para realizar un novo itinerario de procura de emprego e enfocar o seu obxectivo profesional.
- Actualizar o seu currículo.
- Reforzar competencias transversais e habilidades dixitais para o emprego.
- Ensaiar entrevistas para gañar confianza nos procesos de selección
- Elaborar mapas de empregabilidade .
- E realizar visitas a empresas en busca da súa inserción.
Se estás interesada recorda inscribirte antes do 16 de marzo.
De marzo a xuño de 2026.