Actividades
Estás interesado/a en realizar o Curso de Monitor/a de Ocio e Tempo Libre?
O Concello abre un período de preinscrición sen compromiso para coñecer a demanda existente.
Se se alcanza o número mínimo de participantes, informarase posteriormente do prazo de matrícula e do prezo definitivo do curso.
Modalidade semipresencial: Total: 350 horas
- 100 horas presenciais
- 100 horas en liña
- 150 horas de prácticas
Durante os meses de xullo e agosto
- Horario das aulas presenciais: de luns a venres, de 9:00 a 14:00 h (20 días en total).
- Dirixido a persoas maiores de 18 anos que estean en posesión do Graduado en ESO, Graduado Escolar ou titulación equivalente.
- O prezo do curso determinarase en función do número de persoas matriculadas.
- Para a realización do curso será preciso contar cun mínimo de 15 participantes.
ℹ️ Información e preinscricións na Biblioteca Municipal da Caniza. Teléfono de contacto: 986 66 30 69
Fórmate e obtén unha titulación homologada que che abrirá novas oportunidades no ámbito do ocio educativo e do tempo libre.
Horario
Durante o mes de xullo e comezos de agosto