Curso gratuíto de deseño e impresión en 3D

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Formación

O Concello, a través da súa Aula CeMIT, pon en marcha un novo curso de iniciación en deseño e impresión en 3D, unha acción formativa dirixida a todas as persoas interesadas, sen necesidade de contar con coñecementos previos.

Esta actividade, de carácter gratuíto e con prazas limitadas, desenvolverase en modalidade presencial e contará con profesorado especializado, ofrecendo unha introdución práctica e completa ao mundo da fabricación dixital.

O curso estrutúrase nos seguintes contidos:

  • Introdución á impresión 3D
  • Partes dunha impresora 3D
  • Mantemento e revisión do equipamento
  • Programas de deseño e impresión 3D
  • Práctica final de impresión

As sesións formativas impartiranse os luns, mércores e venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas, entre o 29 de abril e o 20 de maio de 2026.

As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal da Cañiza, ou a través do teléfono 986 66 30 69.

Horario

Do 29 de abril ao 20 de maio de 2026, en horario de 10h a 14h, todos os luns, mércores e venres.