Curso formativo sobre uso das redes sociais para a busca de emprego

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
O Concello en colaboración con Generación D e Adecco Learning & Consulting
Formación

O Concello acollerá a acción formativa gratuíta ‘Uso das redes sociais para a busca de emprego’, organizada por CIP Formación no marco do programa Generación D, en colaboración con Adecco Learning & Consulting.

Un novo curso de carácter presencial, cunha duración de 8 horas, que se desenvolverá durante os días 19, 21 e 22 de maio, en horario de 16:00 a 19:00 horas, na Aula Cemit da Caniza.

O curso está deseñado para axudar ás persoas participantes a utilizar de maneira estratéxica as redes sociais e as ferramentas dixitais nos seus procesos de busca de emprego. Entre os contidos destacan a creación de perfís profesionais en LinkedIn e outras plataformas, a elaboración de currículos online, o uso de portais de emprego e o desenvolvemento da marca persoal e do networking dixital.

Ademais, abordaranse aspectos relacionados coa privacidade, a seguridade dixital e a detección de posibles fraudes en internet.

Entre os beneficios desta formación destacan:

  • Optimizar perfís profesionais para destacar ante as empresas
  • Aprender estratexias reais de busca de emprego dixital
  • Dominar LinkedIn e outras redes profesionais
  • Crear un CV online eficaz
  • Mellorar as posibilidades de inserción laboral

As persoas interesadas poden solicitar máis información e inscribirse a través do teléfono 695 515 511 ou do correo electrónico consultoria5@cip-formacion.com.

Actividade gratuíta con prazas limitadas.

Horario

Do 19 ao 22 de maio de 2026, en horario de 16:00 a 19:00 horas, na Aula Cemit da Caniza.