Curso de Iniciación á Escultura en Papel Maché. Curso 2025/26

Data
to
Location
Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza en colaboración coa licenziada en Belas Artes Cristina Sicilia
Formación

 

O Concello da Cañiza pon en marcha un novo Curso de Iniciación á Escultura en Papel Maché, dirixido a todas aquelas persoas que queiran descubrir e experimentar con esta técnica artística tan versátil e creativa.

 Este curso forma parte da programación formativa e de lecer do Concello da Cañiza para o curso escolar 2025-2026, unha proposta que busca fomentar a participación cidadá, a creatividade e o aproveitamento do tempo libre a través da cultura.

Durante as sesións, as persoas participantes aprenderán a dar forma a distintas creacións utilizando papel maché, desenvolvendo tanto a súa destreza manual como a súa capacidade artística.

Non é necesario ter coñecementos previos, só ganas de crear e experimentar.

  •  Horario: Xoves de 17:30 a 19:30 h
  •  Lugar: Casa de Cultura da Cañiza
  •  Inscricións: Biblioteca Municipal – Tel. 986 66 30 69
  •  Profesora: Cristina Sicilia, artista plástica e licenciada en Belas Artes, que compartirá a súa experiencia e coñecementos para guiar ao alumnado neste proceso creativo.

 Unha oportunidade única para iniciarse no mundo da escultura e descubrir as múltiples posibilidades do papel maché, gozando dun ambiente participativo, divertido e enriquecedor.

Horario

Todos os xoves en horario de 17:30h a 19:30h. Consultar na biblioteca a data de comezo do curso.