Curso de informática para estudiantes da ESO e Bacharelato

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Formación

O Concello da Caniza organiza un curso gratuíto de informática dirixido a estudantes da ESO e Bacharelato, co obxectivo de mellorar as súas competencias dixitais e facilitar a realización dos traballos e tarefas académicas.

Durante o curso, os participantes poderán aprender e practicar contidos relacionados coa ofimática, o coñecemento dos compoñentes do ordenador, a montaxe e desmontaxe de PCs, a domótica con Arduino, a impresión 3D e o uso da Intelixencia Artificial como ferramenta de apoio ao estudo e á aprendizaxe.

  • Datas: do 3 de xullo ao 5 de agosto
  • Horario: luns, mércores e venres, de 10:00 a 13:00 h
  • Lugar: Casa da Cultura da Caniza
  • Dirixido a: estudantes maiores de 11 anos
  • Duración total: 45 horas

Información e inscricións: Biblioteca Municipal:  986 66 30 69

Prazas limitadas!

Unha excelente oportunidade para adquirir coñecementos tecnolóxicos, desenvolver novas habilidades e prepararse para os retos dixitais do futuro.

 

Horario

Do 3 de xullo ao 5 de agosto, todos os luns, mércores e venres de 10h a 13h NO Aula Cemit da Casa de Cultura da Caniza