Formación
O Concello da Cañiza ofrece un curso gratuito de ofimática e iniciación en 3D, para que os estudantes melloren as súas habilidades informáticas e poidan realizar con facilidade as tarefas que lles piden os seus profesores.
Dirixido a estudantes maiores de 11 anos con aulas os luns, mércores e venres de 10 a 13 h, dende o 1 de xullo ata o día 2 de agosto.
Comezo do curso o luns, 1 de xullo. Total: 42 horas
Prazas limitadas!
Inscríbete na Biblioteca Municipal ou chamando ao número 986 66 30 69