Concerto do « TRÍO SOMOZA»
Unha actuación do programa «Verán de Lecer 2025»
Somoza Trío é unha banda creada coa intención de entreter a través de versións dos mellores clásicos do pop, soul, reggae, funk e blues dos 80 e 90 e con algunha pincelada de temas máis actuais.
Tres músicos con máis de 20 anos de carreira, Fran Leiro, Rocksteady Bob e Pablo Somoza, forman parte desta formación.
Fran Leiro (baixo e voz) tocou con artistas da talla de Iván Ferreiro, Andy e Lucas, Pitingo ou Melendi; Rocksteady Bob (batería e voz) cunha longa traxectoria como batería de directo de importantes bandas do pop-rock venezolano; e Pablo Somoza (guitarra e voz) traballou como músico de sesión nos estudos PKO colaborando con varios artistas nacionais.
Espectáculo musical asegurado!.
Luns, 11 de agosto de 2025, ás 22.30h na Praza Maior da Cañiza