Concerto de Verán da Coral Polifónica da Cañiza "30 Aniversario"

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Coral Polifónica da Cañiza & Concello da Cañiza
Concerto

Coa participación da Coral Agrupación Musical de Vincios, Coral "La Enseñanza" de Valladolid e pechando o acto a Coral Polifónica da Cañiza.

 

Horario

O sábado 10 de agosto de 2024, ás 22h no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza

Celebramos o 30 Aniversario desta formación musical

A Coral fundouse no ano 1994 pola Concellería de Cultura do Concello da Cañiza. Na actualidade conta con 40 voces mixtas, sendo unha agrupación privada e independente sen ánimo de lucro cun obxectivo único: a divulgación e a difusión  do canto coral e a cultura musical.

Destaca pola súa profesionalidade, disciplina e constancia. Valores que permiten que hoxe podamos conmemorar os seus 30 anos de traxectoria musical. Todas as semanas teñen unha cita na Casa de Cultura da Cañiza para traballar durante horas, coa mesma ilusión dos primeiros anos.

No seu repertorio teñen cabida obras puramente clásicas, contemporáneas, relixiosas e populares. Nesta última etapa propuséronse comezar con novas pezas e recuperar antigas melodías que xa entonaban nos primeiros anos, das que foron esquecéndose co paso do tempo.

A Coral participa en encontros e intercambios corais, acontecementos festivos, relixiosos e benéficos.

O seu director é Jorge Fernández González. 

Actualmente compaxina a dirección da Coral coa batuta da Coral Polifónica "Lira" de San Miguel de Oia e a do Coro "Ecos do Folón" de Fornelos (O Rosal), do que é o seu director - fundador. Con estas tres formacións creou un orfeón coral de 100 voces cun amplo e variado repertorio.

 

Noraboa a todos por estes 30 anos!