Concerto de Nadal da Escola de Música da Cañiza

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Escola de Música da Cañiza en colaboración co Concello
Concerto

O Concello da Cañiza  e os profesores da Escola de Música convidan a toda a veciñanza a gozar dunha cita especial: o Concerto de Nadal da Escola de Música da Cañiza.

O vindeiro venres 19 de decembro, ás 20:00 horas, o Auditorio Municipal será o escenario onde o alumnado da Escola de Música ofrecerá un espectáculo cheo de ilusión, talento e espírito festivo.

Unha oportunidade perfecta para celebrar estas datas acompañados de boa música e apoiar ás novas xeracións de músicos do noso municipio.

Animamos a todas e todos a acudir e compartir connosco esta noite máxica.

Agardámoste!

Horario

O venres 19 de decembro, ás 20:00 horas.