Para acceder ás accións formativas dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3, co fin de cursar con aproveitamento esta formación, o alumnado deberá estar en posesión, antes de iniciar o curso, de determinados requisitos formativos ou profesionais, ou senón ter as competencias clave necesarias.
Con carácter xeral, para cursar un certificado de profesionalidade requírese:
- para os niveis de cualificación 2 e 3:
- Graduado en ESO para o nivel 2 e Bacharelato para o nivel 3
- un certificado do mesmo nivel ou dun nivel inferior pero da mesma familia e área (pode consultar aquí as áreas profesionais)
- cumprir os requisitos para o acceso aos ciclos formativos correspondentes, ou superar as probas de acceso a estes ciclos ou á universidade (pode consultar aquí todos os posibles requisitos)
- para o nivel de cualificación 1 non se necesita dispoñer de ningún requisito
Que son as competencias clave?
Todas aquelas persoas que non posúan estes requisitos formativos ou profesionais poderán acceder igualmente aos certificados de profesionalidade se acreditan que teñen as competencias clave.
Así pois, as competencias clave son un conxunto de capacidades e contidos xerais ou básicos que aseguren a formación mínima necesaria para cursar con aproveitamento os módulos dos certificados de profesionalidade, co fin último de fomentar a calidade e a integración da formación profesional para o emprego.
As competencias clave poden ser:
- de nivel 2, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 2
- de nivel 3, para acceder a cursos de certificados de profesionalidade de nivel 3
Cales son as competencias clave?
|
As clases darán comezo cando se forme un grupo de 15 persoas.
Os martes, en horario de 10.00h a 11.30h nas aulas da Casa de Cultura.