Cine na Rúa: proxección da película "Menudas Piezas" na Praza Maior

Data
to
Location
Praza Maior da Vila
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Cine

O ciclo Cine na Rúa continúa en A Cañiza coa proxección da película Menudas Piezas

Continuamos coa programación de verán dentro do ciclo Cine na Rúa, ofrecendo unha nova sesión de cine ao aire libre para o goce de veciños e visitantes.

A próxima cita será o martes 29 de xullo ás 22:30 horas na Praza Maior, coa proxección do filme Menudas Piezas.

A película, de corte actual e con contido social, presenta unha historia protagonizada por adolescentes e profesorado nun contexto educativo pouco convencional, ofrecendo unha ollada fresca, emotiva e chea de humor sobre os desafíos da xuventude e a integración.

A actividade será, como vén sendo habitual, gratuita e ao aire libre.

Este ciclo forma parte do programa Verán de Lecer, co que o Concello da Cañiza aposta por achegar propostas culturais e de ocio á cidadanía durante os meses estivais.

Horario

O martes 29 de xullo de 2025, a partires das 22:30h na Praza Maior da Cañiza.  En caso de mal tempo trasladaremos a actividade ao auditorio da Casa de Cultura.