Cine na Rúa coa proxección da película: "GRU 4" na Praza Maior
O Concello inaugura un novo ciclo de cine ao aire libre dentro do programa Verán de Lecer
Continuamos coa programación do Verán de Lecer cunha nova proposta cultural destinada a públicos de todas as idades.
Trátase dunha nova edición do Cine na Rúa, que terá lugar o luns 28 de xullo ás 22:30 horas na Praza Maior da vila.
Nesta ocasión proxectarase a película Gru 4 – Mi Villano Favorito, unha comedia de animación ideal para o público familiar, protagonizada polos populares Minions e o carismático personaxe Gru.
Con iniciativas coma esta, o Concello da Cañiza busca promover espazos de encontro e participación veciñal durante a tempada estival, apostando por actividades culturais accesibles e de calidade.
Luns, 28 de xullo de 2025, ás 22:30h na Praza Maior da Vila. En caso de mal tempo, trasladaremos a actividade para o Auditorio da Casa de Cultura.